Martes. 23.04.2024
El tiempo

Seis empresas presentaron oferta para construír o skatepark da Laracha

skatepark na laracha
Seis empresas presentaron oferta para construír o skatepark da Laracha

Avanza a segunda praza para skate da Costa da Morte. Será a da Laracha, trala realizada en Carballo, no Rego da Balsa. O Concello informou do remate do proceso de presentación de ofertas, e tócalle agora sentarse a valorar os proxectos das 6 empresas que presentaron proxecto.

O  parque de patinaxe Skatepark será instalado nunha parcela municipal de 900 metros cadrados situada na parte posterior do IES Agra de Leborís, completando así unha zona xuvenil na que xa hai dúas pistas polideportivas, a biblioteca, a Casa da Cultura e o o complexo deportivo da piscina municipal. O proxecto custará 155.000€.
Disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de
movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. O pavimento será de formigón e as barandillas, de aceiro. Contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED, polo que
será preciso realizar as correspondentes canalizacións dos servizos de abastecemento e electricidade, ademais da recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga de choiva na pista.

Comentarios