Venres. 19.04.2024
El tiempo

Estudan as necesidades prioritarias nos centros de ensino da Laracha

Reunión xefe territorial educación na Laracha
Estudan as necesidades prioritarias nos centros de ensino da Laracha

O xefe territorial de educación, Indalecio Cabana, achegábase a Laracha para analizar co alcalde José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de Ensino, Patricia Bello, as intervencións que consideran prioritarias para levar a cabo nos próximos meses nos centros de ensino do termo municipal.

No caso do IES Agra de Leborís requírese a apertura dos novos accesos pola parte posterior do centro, cunha nova estrada que conecta directamente as avenidas Manuel Fraga e Doutor López Astray –actualmente en execución- e a creación de pistas polideportivas descubertas –unha xa operativa- e dun parque de patinaxe. Isto permitirá habilitar un novo acceso cara o instituto para os autobuses do transporte escolar e tamén poder incorporar durante o horario lectivo os novos equipamentos deportivos para uso do centro educativo.

Tamén no CEIP de Caión tratouse a necesidade de completar a mellora do peche perimetral do colexio no último tramo no que resta por intervir.

Ademais estudáronse outras intervención susceptibles de realizarse xa nos propios edificios dos centros educativos co propósito de mellorar as súas condicións e aumentar a comodidade do alumnado, profesorado e resto do persoal. Tamén se analizaron cuestións relativas ao transporte escolar.

Comentarios