Martes. 22.09.2020
El tiempo

Evaristo Rodríguez Rial guiou aos sendeiristas de Senda Nova polos Camiños de Caión

Andando polos Camiños de Caion con Senda Nova
Andando polos Camiños de Caion con Senda Nova
Evaristo Rodríguez Rial guiou aos sendeiristas de Senda Nova polos Camiños de Caión

Este vindeiro domingo toca a última camiñada do programa Primavera en Ruta de Senda Nova polas Terras Altas de Soneira. A penúltima cita servíu para percorrer, este pasado domingo, os Camiños de Caión.

Con saída dende Caión, e da man do mestre Evaristo Rodríguez Rial unha vintena de persoas disfrutaron de lugares como o Monte das Chanceiras, campo do Rapadoiro, Noicela, a fermosa aldea de Constenla (e o castro), parada para comer na praia da Arnela; Praia fósil de Leira con sesión de xeoloxía; e Pedra da Furna Furada, antes de enfocar o camiño de volta cara a capela das Milagres de Caión.

Evaristo Rodriguez Rial guiando aos sendeiristas de Senda Nova
Evaristo Rodriguez Rial guiando aos sendeiristas de Senda Nova

Toda unha delicia natural para os sentidos dos amantes da natureza, da man desta comprometida entidade, sempre implicada no espallamento do coñecemento e o respecto da nosa contorna.

Novas relacionadas

comentarios