Venres. 25.09.2020
El tiempo

Senda Nova abríu a Escola Ambiental e os roteiros da Primavera en Ruta

Saida con Senda Nova polo Coristanco Histórico
Saida con Senda Nova polo Coristanco Histórico
Senda Nova abríu a Escola Ambiental e os roteiros da Primavera en Ruta

Xa están a pleno rendemento as novas actividades da Asociación Ambiental Senda Nova. A IX Primavera en Ruta máis estival xa leva dúas saídas, mentres que a Escola Ambiental permite que unha ducia de rapaces disfruten de preto da natureza.

Esta pasada fin de semana os privilexiados alumnos da Escola Ambiental gozaron dunha sesión Espazo da Natureza de colleita na horta. Ademais, e mantiveron unha interesante discusión sobre como compatibilizar gandeiría e lobo.

Escola Ambiental de Senda Nova

Moitos deles tamén participaron na segunda saída XI Primavera en Ruta polo Coristanco Histórico. Non puideron entrar, por primeira vez, no pechado Museo de Asunción Antelo, pero si a lembraron coas verbas de Xosé Antonio Andrade e Martín Rabuñal. Pasaron pola Ponte Trilla e o alto do cotón de Ferreira para baixar, sorteando regatos, ao val de Couso. A Torre de Nogueira ou a Igrexa de Coso tamén mereceron parada, como as patrimoniais Castro do Vilar, as minas de Barilongo, e a mámoa Zapateira.

A seguinte saída da Primavera en Ruta será este vindeiro domingo 5 de xullo por Trazo. Poden apuntarse en [email protected]

Novas relacionadas

comentarios