Sábado. 27.07.2024
El tiempo

As festas da Laracha terán o seus Puntos Violeta á disposición de posibles vítimas de violencia de xénero

2024.06.03.- Presentación Puntos Violeta A Laracha
As festas da Laracha terán o seus Puntos Violeta á disposición de posibles vítimas de violencia de xénero

 Este verán, o Concello da Laracha quere erradicar calquera tipo de violencia de xénero. E para iso, instalará en todas as festas un Punto Violeta. Así o debullaron as concelleiras delegadas das áreas de Igualdade, Rocío López, e de Festas, Patricia Bello, acompañadas por persoal técnico do Centro de Información ás Mulleres e representantes de diferentes Comisións de Festas, na presentación deste espazo formulado, especialmente, para a mocidade.

O primeiro lugar foi esta pasada noite de luns en Paiosaco con motivo da última xornada das Festas na honra ao Santísimo Sacramento.

Este Punto Violeta concíbense como espazos de acollida, apoio, orientación e derivación que estarán a disposición das persoas que puidesen sufrir ou que presenciaran calquera tipo de violencia sexista ou motivada por razón de xénero. Ao mesmo tempo, serán lugares de información e sensibilización para a poboación en xeral.

O Punto Violeta estará atendido en cada evento por dúas persoas con formación específica en igualdade e prevención da violencia de xénero. Mediante as consultas que os cidadáns desexen formular e o material divulgativo e de prevención que se ofrece na carpa, preténdese sensibilizar principalmente en temáticas relacionadas co rexeitamento da violencia de xénero, as relacións afectivo-sexuais positivas poñendo no centro das mesmas o consentimento e a práctica de xeito seguro.

A iniciativa enmárcase no programa A Laracha unida fronte as violencias machistas. É posta en marcha polo Concello co apoio do Ministerio de Igualdad a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, as Consellerías de Política Social e Igualdade e a de Sanidade da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

Comentarios