Venres. 29.03.2024
El tiempo

Herminia Pan e Bollería instará un establecimento no Polígono da Laracha

Poligono Industral da Laracha
Herminia Pan e Bollería instará un establecimento no Polígono da Laracha

Xa son 19 as empresas que optaron por arquirir chan nos últimos tempos no Polígono da Laracha, entre as que figuran Inditex, Esmorís, Tubasa, Forpom, Uniter, Unifersa, Cardemad, Macotex, Hidroeléctrica da Laracha, Desguaces Recarey ou Galitrans. A última “Herminia Pan e Bollería”, que vén de adquirir unha parcela de 2.700 metros cadrados para poñer en marcha un establecemento de alimentación e restauración.

Será o primeiro establecimento desta características neste polígono que cada vez medra e medra, como o demostran as cifras de SEA: actualmente xa están vendidas ou adxudicadas máis do 70% das parcelas e só en 2021 vendéronse 48.603 m2, case o 10% da superficie do parque empresarial, sumando case 3,5 millóns de euros.

Comentarios