Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Laracha acolle unhas xornadas sobre comercialización e calidade de produtos de horta

Cartel Xornada Técnica de Horta copia
Cartel Xornada Técnica de Horta copia
A Laracha acolle unhas xornadas sobre comercialización e calidade de produtos de horta

Estes días 18 e 19 de novembro, a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza na Laracha unhas xornadas técnicas de horta. A Casa da Cultura acollerá unha completa sesión formativa para dar a coñecer as posibilidades existentes para comercializar produtos agroalimentarios e concienciar aos participantes sobre a importancia de producir no marco da calidade diferenciada. Tamén se abordarán outras cuestión relevantes como coñecer experiencias de certificación das producións de horta a nivel de España sabendo como naceron e os principais fitos na súa consolidación, que instrumentos normativos dispoñen para promovela e cal é o impacto dos selos de calidade diferenciada de horta nos mercados.

Todas as persoas interesadas en participar poden anotarse de xeito gratuíto no edificio administrativo da Laracha (departamento de Emprego), ou en [email protected] indicando a localidade no asunto e adxuntando o formulario descargable, ou a través dos teléfonos 69486014 ou 627570950.

Comentarios