1ª e 2ª Div. FEM: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón
Recibía o Muxía ao Tordoia en Arliña na mañá dominical nunha finalísima adiantada polo título da 2ª Div. Feminina. E a pesar de colocarse 2-0 por diante as de Curro, nunha segunda metade espectacular, as Corviñas conseguían darlle a volta ao partido, e á clasificación. Empatan agora os dous equipos, pero o Tordoia ten un partido máis, polo que se o Muxía ten de cara o título da categoría. As de Noe Iglesias só perderon 3 puntos na ida con este rival (por 2-1, polo que o golaveraxe individual está empatado) e 2 puntos ante o Bergan B. Precisamente á volta de vacacións, o Muxía terá esa proba de lume visitando as Eiroas.
Polo demais, xa pensan na Copa coas grandes semis deste xoves entre Corme-Xallas e Cee-Muxía.
1ª Div. Fem., xornada 23
Xallas - Arenteiro (2-0)
- Goles: 1-0, m.75: Olalla; 2-0, m.89: Isa.
Tremenda vitoria das de Eloy ante un Arenteiro moi sólido e con xogadoras moi rápidas, que campa na metade da táboa por riba das xalleiras. O choque foi un cara a cara constante, asustando nos primeiros cas chegadas de Oli e Gra pero pronto tería que aparecer Peta para manter a porta a cero. O ida e volta desgastaba as forzas dos odus equipos.
Con xente máis fresca, aguantou mellor o paso dos minutos o cadro local, e chegaría a 15 do final o primeiro gol das botas de Oli, tras unha unha boa asistencia de Isa que acababa de entrar no campo. A partir de aí ca entrada de Facal e Yaiza darían máis presión en ataque e costarialles as rivais seguir o ritmo e xa preto do final, Isa marcaría o segundo tras rematar unha gran xogada que ela mesma iniciara e Espasandin a piques estivo de rematar ata que foi derribada e mebtres todas pedían penalti, Isa colábaa para dentro.

2ª Div. Fem, Gr. 1, xornada 26
Muxía - Tordoia (3-2)
- Muxía: Sheila, Ana Toba, María, Andrea Insua, Raquel, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Laura Doce, Eva Lago, Barca e Eva Lema. Tamén: Vero, Nerea Pazos, Elsy, Irene Alcaina, Andrea Insua.
- Goles: 0-1, m.1: Rebeca; 0-2, m.10: Rebeca; 1-2, m.56: Barca de cabeza; 2-2, m.68: Eva Lago; 3-2, m.85: Patri Romaní.
Incrible o deste Muxía. Se pola tarde os sénior podían co líder, pola mañá o poderoso Tordoia de Curro tamén sucumbía á maxia de Arliña.
Comezaba o partido moi condicionado polo vento, que soplaba a favor das visitantes, e no primeiro duelo aéreo, Rebeca supeeraba por alto cabeceando por riba de Sheila para marcar no primeiro minuto. Dez minutos despois, case sen tempo para reaccionar, chegaba o segundo, tamén de Rebeca, caeu coma un balde de auga fría (a dianteira do Tordoia ponse con 38 goles, polos 39 de Eva Lema). Tardaron en reaccionar as locais, e co vento e a presión do Tordoia fixeron que fose moi difícil para as locais xogar desde atrás. No centro do campo, as visitantes foron moito máis físicas, gañaban duelos e lanzaban á súa dianteira. Co paso dos minutos, gañaron confianza as de Noe Iglesias e ameazaron xa a meta visitante, con dous mans a mans de Eva Lema que non puido superar a Lydia.
Tras o descanso, co vento a favor, as costeiras atoparon o seu ritmo, e foi o Tordoia quen non puido sacar o balón do seu campo. Comezaron a crear ocasión tras ocasión, e foi o Barça quen cabeceou o primeiro gol aos dez minutos. Segurion percutindo, entrando por bandas, e obrigando a abrirse á defensa visitante. Pasaban os minutos e era Eva Lago a que marcaba o merecido empate dez minutos despois.
Seguían presionando as corviñas, que necesitaban a vitoria. E aparecía Patri Romaní. Avisaba cun tiro ao longueiro. poco antes de que, tras unha boa combinación, o balón quedáballe na banda esquerda, metíase para dentro e marcaba un fantástico gol dende fóra da área que podemos ver aquí, e que culminaba unha remontada alimentada pola garra e o corazón.
Corme - Eirís (2-1)
- Goles: 1-0, m.1: Ana Suárez; 1-1, m.17: Alba; 2-1, m.26: Ana Suárez.
Mal partido das de Rubén Souto, que se quedan co resultado como a mellor nova. As cormelás, ante a falta de fútbol, tiraron de carácter para manter a vitoria colleitada na primeira media hora, respondendo ademais ao empate das visitantes.
Toca xa pensar na Copa.
San Lorenzo - Cee (2-1)

- Goles: 1-0, m.30: María Jose; 2-0 m.79: Ana Carballo; 2-1, m.80: Paula Veiga.
Derrota do Cee en Lugo. Na primeira parte estiveron imprecisas as de Rafa ante un cadro local superior. Apenas houbo ocasións e as locais marcaron tras unha boa xogada colectiva e habilitando a xogadora para rematar soa ante Valeria, que non puido facer nada. Nas ceenses tiveron tímidas chegadas.
Na segunda parte melloraron as costeiras, case sempre en campo contrario e achegándose á porta local. Tivo que facer un paradón Noemí a un remate de cabeza nunha falta lateral, pero nada puido facer co segundo, que chegaba tras un córner. E tras sacar de centro Paula recurtaba distancias cunha asistencia de Cris. Aínda quedaban 10 minutos e o Cee buscou o empate con todo pero o pau evitou traer un puntiño de volta.
Esteirana - Nicrariense (4-1)
- Goles: 1-0, m.6: Bárbara; 2-0, m.22: Sara Brión; 3-0, m.36: Bárbara; 4-0, m.44: Bárbara; 4-1, m.69: Aroa.
Por fin un soplo de aire en forma de resultado para as blaugranas, que conseguiron chegar con 13 xogadoras, e que merecron a cómoda vitoria. Na segunda parte tiveron que manexar co cansanzo pero con oficio ante un rival que pelexou ata o final. Mágoa non manter a porta a certo, pero cómpre destacar o papel de Lidia, a porteira improvisada que tan ben o está a facer.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.16: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.