Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Laracha busca casa con parcela para 230 composteiros

COMPOSTEIROS Laracha
A Laracha busca casa con parcela para 230 composteiros

Pon en marcha o Concello da Laracha un novo programa de compostaxe caseira. O Concello adquirirá 230 composteiros e kits de compostaxe para que aquelas familias residentes en zonas rurais e que dispoñan dunha vivenda unifamiliar con parcela anexa poidan aproveitar os seus residuos orgánicos como compost.

A iniciativa consiste na cesión gratuíta de composteiros domésticos combinada con campañas informativas e visitas de persoal especializado ás propias vivendas para a súa implementación e, posteriormente, para realizar o seguimento e asesorar sobre o uso axeitado do equipamento.

reserva gratuíta do seu composteiro cumprimentando este formulario online.

Máis novas sobre compostaxe

Comentarios