A Laracha prepara 230 composteiros para o seu programa de Compostaxe Caseira
Son varios os Concellos da comarca que apostan por facilitar á veciñanza o proceso de compostaxe caseira. A Laracha súmase á lista dos Ponteceso, Carballo, Santa Comba, Malpica, Mazaricos, Zas, Camariñas, Coristanco, Fisterra ou Vimianzo, pois xa ten en licitación o contrato para a subministración de 230 composteiros e outros tantos kits de compostaxe que se adquirirán coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de axudas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión dos biorresiduos.
Así, as familias que vivan en vivendas unifiamiliares e dispoñan dunha parcela del cando menos, 50 metros cadrados, poderán solicitar estes composteiros., para realizar a eciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio particular pode utilizar no seu xardín, horta ou terras de cultivo, substituíndo aos fertilizantes artificiais.
Con esta iniciativa procúrase o dobre obxectivo do respecto ao medioambiente e tamén económico, xa que, por unha parte, as vivendas produtoras de compost poderán utilizado para o seu uso persoal e, ademais, reducirase a carga de residuos sólidos urbanos que se depositan nos colectores.