Venres. 26.04.2024
El tiempo

Laracha busca establecimentos para a ruta de tapas de novembro

Destapa laracha
Laracha busca establecimentos para a ruta de tapas de novembro

”Destapa A Laracha” evento gastronómico que o Concello vai organizar en novembro. Unha ruta de tapas á que están convidados todos os locais de hostalería, formulada para a desestacionalización a oferta.

A ruta durará as catro fins de semana (de venres a domingo) do mes de novembro, e os establecimentos deberán ofrecer ao público ao prezo de 1,90 euros a tapa coa se inscribiu no concurso.

Farase votación e os participantes poderán enrar no sorteo de premios, consistentes en vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local adherido á iniciativa, cofres regalo e os agasallos que cedan as empresas colaboradoras.

Ata o 25 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición en www.destapaalaracha.com para os seguintes colectivos profesionais:

  • Establecementos de hostalería que desexen participar no certame.
  • Comercios laracheses nos que se poidan empregar os vales de compra que se repartirán como agasallos aos consumidores.

Comentarios