mércores. 11.12.2024
El tiempo

A Laracha celebra o Día Mundial da Infancia uníndose a unha iniciativa de UNICEF

A Laracha- Espazo de Participación de Nenos, Nenas e Adolescentes
A Laracha celebra o Día Mundial da Infancia uníndose a unha iniciativa de UNICEF

Segue o Concello da Laracha demostrando que a súa aposta coidar e ter en conta á infancia e á adolescencia vai en serio. Esta semana co gallo do Día Mundial da Infancia, a Corporación municipal da Laracha uniuse hoxe a UNICEF Comité Galicia mediante unha Declaración Institucional que, baixo o lema “Somos infancia”, defende que a consecución dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes é unha cuestión colectiva e de obrigado cumprimento, con desafíos que requiren respostas coordinadas e escaladas a nivel global, nacional, autonómico e local.

Nese texto o Concello comprométese coa promoción dun maior e máis eficiente investimento na infancia e a ter en conta as propias voces dos nenos, nenas e adolescentes para a toma de decisións no ámbito local das cuestións que lles afectan directamente.

Nese sentido, ontevarios dos conselleiros do Espazo de Participación de Nenos, Nenas e Adolescentes da Laracha formaron parte dunha actividade de mobilización. Consistiu nunha reunión celebrada no baixo da biblioteca municipal da Laracha na que se expuxeron os logros do espazo de participación, os retos que quedan pendentes co obxectivo de poder reivindicalos e os compromisos que consideran deben asumir os responsables políticos para garantir o dereito á participación. Esta última cuestión foi expresada mediante os hashtags que protagonizan a cartelería elaborada para darlle unha maior visibilidade a esta actividade.  

O Concello impulsou a iniciativa en colaboración cos centros de ensino para animar a reflexionar sobre a participación infantil e adolescente en cuestións que lles afectan no seu día a día e mobilizar a ese colectivo para reivindicar o cumprimento dos dereitos da infancia.

Máis novas do Plan da Infancia e Adolescencia da Laracha

Comentarios