Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laracha coida o paseo do Anllóns

Laracha coida o paseo do Anllóns

Trala posta a punto do paseo de madeira por parte do Obradoiro de Carpintería, A Laracha continua coidando un dos seus tesouros naturais como é o paseo do río Anllóns. Así, as Brigadas Medioambientais Municipais están estes días percorrendo o camiño dende Gabenlle ata o Formigueiro facendo desbroces e mantemento do entorno fluviais.
Os labores consisten, esencialmente, na eliminación da maleza nas inmediacións do río para facilitar o tránsito a pé e a limpeza integral do lixo e da materia vexetal. Faise cos obxectivos fundamentais de poñer en valor estas áreas de especial riqueza natural e paisaxística da zona interior da Laracha.
A continuación, os traballadores contratados coa axuda do PEL COncellos Reactiva da Deputación, evarán a cabo intervencións de similares características noutros puntos do Anllóns, nos seus afluentes e tamén nos ríos Vilán, Acheiro e Bradoso.

Seguridade nas rúas de Paiosaco

O Concello ten previsto iniciar nos próximos días as obras de urbanización e reforzamento da seguridade viaria na rúa San Martiño, situada no casco urbano de Paiosaco e que dá acceso ao núcleo da Agrela.

A intervención proxectada inclúe a canalización soterrada da rede eléctrica ao longo dunha distancia lineal duns 150 metros, contemplándose a eliminación dos catro postes do actual tendido aéreo.

Comentarios