Martes. 02.03.2021
El tiempo

O Concelo de Carballo explicou na súa primeira rolda de prensa telemática os investimentos do POS+

  • O Concello proporá para aprobación no pleno do vindeiro luns a aprobación o Plan para o POS: unha importante obra para o abastecemento de Pedra do Sal; 800.000 de gasto corrente; e 384.000 do gasto social para o SAF
Primeira rolda de prensa virtual do Concello de Carballo
Primeira rolda de prensa virtual do Concello de Carballo
O Concelo de Carballo explicou na súa primeira rolda de prensa telemática os investimentos do POS+

Desenvolta a primeira rolda de prensa telemática no Concello de Carballo. O propio alcalde Evencio Ferrero, comezaba comentando unha anécdota que lle pasara hai moitos anos cun responsable de El Correo: “Dentro de nada enviaremos as mocións por fax, díxenlle, ao que me respondeu; - Buff… para iso aínda queda moito…”

A rolda serviu para explicar os asuntos que se va tratar no pleno do vindeiro luns 25 (como todos os últimos luns de mes), que se desenvolverá de xeito telemático (con menos “cota de pantalla” para as leas e mitines habituais cando hai público no pleno ou cando se retransmitían por streaming).

O único punto da orde do día é a aprobación dos investimentos propostos polo grupo de goberno sobre o POS + da Deputación, que ten de prazo de aprobación que remata o 4 de febreiro. O Concello de Carballo ten unha asignación de 1,8 millón de euros, dos 13,3, millóns que a Deputación destina á nosa comarca.

Deses 1,8, 1,4 teñen que ser destinados a investimentos, gasto corrente ou armotización de débeda; e 400.000 destínase a gasto social derivado ás necesidades xeradas pola pandemia.

Investimento e Gasto corrente

Arredor de 800.000€ serán empregados en gasto corrente, “como, segundo nos pide a Deputación facemos a maioría dos concellos para termos máis fácil a xustificación”, explicou Ferrero.

A obra principal, que ten unha achega provincial de 600.000€ e unha aportación municipal de 80.000, será a ampliación da rede de abastecemento de auga na zona de Razo, neste caso dende o Igrexario de Lema ata a Pedra do Sal.
”O Ciclo integral da Auga desa zona será completado con proxectos que vai levar a cabo Augas de Galicia, nas parroquias situadas en zonas máis altas como as de Rebordelos, Lema, Noicelo e Vilela”.

Plan Complementario

O Concello preparou tamén un Plan Complementario, como pide a Deputación, por valor do 50% do plan principal, con posibles investimentos para aproveitar as baixas ou as novas achegas ao Plan. As obras que van no Plan Complementario (cun orzamento toal de 776.000€) son:

  • Melloras da rede de abastecemento en varias rúas do casco urbano: substitución de tramos de fibriocementeo. 169.000€.
  • Conectar os dous depósitos de Seixo Branco coa ETAP do Río Anllóns. Carballo ten doble captación, dende o río Bardoso e dende o Anllóns, polo que se se produce algunha incidencia, este enlace permitiría que as captacións funcionasen independientemente. 145.000€
  • Rede de abastecemento e saneamento en Vilar de Uz, Oza. 230.000€.
  • Conservación e mellora de rúas do núcelo de Os Vilares, en Sisamo, 232.000€.

”Gastos social” para o SAF

Por primeira vez a Deputación deixa unha parte do POS+ para Gastos Sociais extraordinarios derivados da Pandemia. Evencio lembrou que Carballo xa recibiu 180.000€ para adquisición de EPIS. E agora se complenta con estes 384.000€ do POS+.

”Os servizos económicos e o goberno municipal consideran que o mellor, tamén pola facilidade de xustificación, ao Servizo de Axuda ao Fogar”. Ferreiro lembrou que o SAF carballés ten un orzamento de 1.309.000 €, dos que a Xunta cubre 851.000, polo que o Concello de Carballo soporta 488.000. O Concello empregará os 384.000€ do POS para sufragar estes gastos.

Outros asuntos

Tamén hai outra moción presentada polo PP sobre axudas á hostalería, pero que foi presentada despois da convocatoria do pleno, polo que queda fóra da orde do día. Deste xeito debatirase se o pleno estima a urxencia da moción.

Novas relacionadas

comentarios