Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Laracha lanza a campaña de bonos "Eu merco na Laracha"

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, presentaron hoxe o programa Eu merco na Laracha
A Laracha lanza a campaña de bonos "Eu merco na Laracha"

Novo programa de promoción do comercio local na Laracha. A campaña Eu merco na Laracha consistirá nunha campaña de bonos que se porán a disposición da cidadanía larachesa para empregar nos establecementos adheridos ao programa, subvencionando deste xeito as compras desde o Concello. Así, fortalecerase os negocios locais e fomentarase o consumo de proximidade nos sectores comerciais, hostaleiro, cultural, educativo, salóns de peiteado e beleza, taxis, etc.

O formato de presentación será unha chequeira por un valor de 30 euros que conterá tres bonos de 10 euros. Cada un deles será independente e poderase empregar para descontar por cada gasto de vinte euros nas compras, consumos ou servizos nos establecementos ou actividades adheridos (por vinte euros de gasto descontaríase un bono, por corenta euros, dous, e por sesenta euros, tres).
O Concello destinará a esta iniciativa 40.000 euros de fondos municipais -xa consignados nos orzamentos municipais deste ano- para repartir un total de 1.333 chequeiras. Poderán ser solicitadas por calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha e que sexa maior de 18 anos de idade.

Comentarios