Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Laracha ponse as botas de sendeirismo

María, a cesteira de Brumiáns, con Senda Nova
María, a cesteira de Brumiáns, con Senda Nova
Laracha ponse as botas de sendeirismo

Este pasado domingo, Senda Nova estreaba o seu ciclo de Rutas de Outono en marcha pola Laracha. Da man de Evaristo Rial, os animados camiñantes descubriron a Senda das Capelas, pasando dende Montemaior ou por San Roque da Pena.
Fixeron aí unha parada especial, para coñecer a María, a cesteira e regufeira de Brumiáns, coa que os membros da expedición intercambiaron uns versos. Para demostrar que as saídas con SendaNova son moito máis que andar, fixeron parada no curtidoiro de Cumiáns, onde Suso, exemplo de hospitalidade, explicou o funcionamento dun espazo que xa estaba traballando hai 170 anos.

O domingo que vén Senda Nova viaxa a Razo-Baldaio.

Suso no curtidoiro de Cumians con Senda NovaSuso, no curtidoiro

Programa de Andainas da Laracha

Mentres, o Concello da Laracha organiza un programa de andainas por entornos fluviais do termo municipal

A primeira das andainas será o próximo domingo día 25 de outubro. Trátase dun percorrido circular de sete quilómetros e dificultade baixa-moderada a carón do río Bradoso, con inicio e fin na escola de Cumiáns. O bus partirá da Praza do Concello ás 9:30 horas.

A segunda cita será o domingo 8 de novembro cunha ruta de dificultade baixa e de sete quilómetros de distancia polo río Anllóns. A saída será ás 10:00 horas desde o IES Agra de Leborís e chegarase ata a parroquia de Cabovilaño, onde un bus levará aos participantes de regreso ao punto de partida.

Por último, o domingo 22 de novembro o protagonista será o río Acheiro. A andaina circular, de dificultade baixa, será de cinco quilómetros con inicio e fin no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. Tamén haberá un autobús que partirá ás 9:30 horas da Praza do Concello.

As rutas deseñadas, de baixa dificultade, son aptas para persoas de todas as idades. Requírese inscrición previa chamando ao 981605001 ou acudindo á oficina municipal de información turística (planta baixa da Casa Consistorial).

ríos da Laracha

Novas relacionadas

comentarios