Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Laracha prepara a acción dos Lazos Humanos Solidarios

A presidente da Xunta Local da Laracha da AECC, Maica Posse, acompañada por Rocío López e Belén Cabeza, membros da directiva da entidade, presentaron a iniciativa ao alcalde, José Manuel López Varela..
A Laracha prepara a acción dos Lazos Humanos Solidarios

Este sábado, co gallo da celebración o 4 de febreiro do Día Mundial Contra o Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a entidade vai desenvolver en varias cidades da provincia a iniciativa Lazos humanos solidarios. Laracha será unha das que acolla este evento, que busca informar para previr e ao mesmo tempo fomenta investigación desta enfermidade.

A Xunta Local da Laracha da AECC invita a toda a veciñanza a achegarse o sábado ás 12:00 horas á Praza do Concello para formar parte do lazo humano solidario larachés.

Lazos humanos solidarios inclúese na programación deste ano da AECC que, baixo o lema “Todos contra o cancro” pretende actuar nos ámbitos da prevención, diagnose e investigación para lograr o desafío dunha supervivencia do 70 % en cancro. A entidade tamén lembra que pon a disposición de todas as persoas que están a pasar por esa enfermidade os seus programas gratuítos de atención psicolóxica, atención social, logopedia, fisioterapia, nutrición, acompañamento e voluntariado. Pódese contactar chamando ao teléfono gratuíto 900 100 036.

Comentarios