Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Laracha adia o Autocine

Última hora: Ante a previsión de choiva para a noite do sábado, aprázase a proxección do filme "Joker" en formato autocine.
Joker no Autocine da laracha
Joker no Autocine da laracha
A Laracha adia o Autocine
Este sábado 8 de xaneiro hai unha nova proposta cultural na Laracha que se desenvolverá con plena garantía de seguridade para os espectadores. Trátase da proxección do filme Joker en formato autocine que se vai realizar na praza Olonne sur Mer da Laracha.
A película vai dirixida a persoas maiores de dezaoito anos de idade. Está centrada nas orixes do personaxe interpretado por Joaquin Phoenix e explora como e por que chegou a converterse no vilán máis famoso do universo Gotham City e no maior inimigo de Batman.
O pase principiará ás 21:30 horas deste sábado 8 de xaneiro. O acceso en vehículo á praza permitirase desde media hora antes, sendo a entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima do recinto, sen necesidade de reserva previa.

Comentarios