Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laracha proponse loitar contra a invasión dos Plumachos

Laracha proponse loitar contra a invasión dos Plumachos

Son moitas, cada vez máis, as estradas da comarca invadidas polos coñecidos “plumachos”, e poucos os concellos que fan algo por evitalo. Hoxe coñecemos que o Concello da Laracha vai tomar cartas no asunto. O concello vai comarca unha campaña para eliminar a tamén chamada herba da Pampa ( (o nome científico é cortaderia selloana), de todos os esapazos públicos, e tamén dos privados co permiso dos propietarios.

Xa saben que é unha especie botánica invasora procedente de Sudamérica, que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega, polo que é preciso eliminar para evitar a súa expansión.

As cuadrillas medioambientais municipais actuarán durante os próximos días na retirada dos plumachos e piden colaboración cidadá para localizalos.

Comentarios