Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Laracha protesta polo retraso do pago das axudas do IDAE

Obras IDAE Laracha
Imaxe da instalación do novo alumeado
A Laracha protesta polo retraso do pago das axudas do IDAE

O Concello da Laracha xa executaba as obras de renovación do alumeado público gracias a unha subvención do IDAE a mediados de 2020. Pero máis dun ano despois, o Ministerio aínda ten pendente os máis de 900.000 euros adiantados polo Concello.

Esta circunstancia implicará consecuencias relevantes no resultado orzamentario municipal do exercicio pasado, xa que o peche das contas arroxará un menor remanente de tesourería e o Concello non poderá dispoñer deses fondos para acometer obras e prestar novos servizos de interese xeral para a cidadanía.

De aí que o Concello presente unha queixa formal ante o Ministerio de Transición Ecolóxica.

A reclamación tamén se remitirá á Delegación do Goberno en Galicia despois de que o alcalde, José Manuel López Varela, nun encontro celebrado na Laracha a mediados do mes de decembro, solicitase a mediación da Subdelegada do Goberno, María Rivas, na procura dunha solución a esta situación sen que, polo momento, se produciran avances ao respecto.

Novas relacionadas

Comentarios