Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Laracha segue buscando inquilinos para as naves e as oficinas de coworking para o Viveiro de Empresas

Imaxe dunha visita institucional o pasado mes de outubro ao novo viveiro de empresas da Laracha
Imaxe dunha visita institucional o pasado mes de outubro ao novo viveiro de empresas da Laracha
Laracha segue buscando inquilinos para as naves e as oficinas de coworking para o Viveiro de Empresas

Ata o 20 de abril continúa aberto o prazo para solicitar a a participación no programa de acollemento no viveiro de empresas municipal do polígono industrial da Laracha. O Concello ofrece unha das dúas naves ou ben a unha das oito oficinas que se ofertan no modelo coworking. O aluguer das naves terá unha cota mensual de 300 euros e o das oficinas, de 60 euros. En ambos casos incluirán servizo de recepción, telefonista, telefonía fixa, acceso a internet, correo electrónico, limpeza, seguro, alarma de vixilancia e emprego das zonas comúns (sala de reunións e aulas polivalentes). A estadía máxima é de doce meses prorrogables por outros seis máis.

O contido do programa de acollemento de empresas no parque empresarial da Laracha pode consultarse ao completo na web municipal

Novos contratos

Así mesmo, o Concello vén de formalizar os contratos de execución dos proxectos de mellora da rede viaria na parroquia de Lestón. Obras, que realizará a empresa Canarga Construcciones por un total de 140.000€, que afectan a rúas do núcleo urbano de Paiosaco e tamén á estrada que vai desde esa mesma vila ata o núcleo de Lestón.

comentarios