Xoves. 29.10.2020
El tiempo

Laracha sumérxese nun Outono de Contos

Laracha sumérxese nun Outono de Contos

Laracha é outro dos Concellos que aposta pola programación continua, tamén para as familias. Estes meses de setembro, outubro e novembro, o Concello organiza un ciclo de 10 contacontos teatralizados a realizar nas tres bibliotecas municipais chamado ”Outono de contos”.

Dos dez espectáculos, nove van dirixidos a nenos a partir dos catro anos de idade e comezarán ás 18:00 horas e un deles –o do 4 de outubro- é un contacontos para bebés (0 a 3 anos) que principiará ás 12:00 horas.

A relación de datas, espectáculos e lugares de celebración é a seguinte:

Biblioteca municipal da Laracha:

• Venres 25 de setembro: Os contos da bruxa Chispún, de Teatro Calavera.
• Domingo 4 de outubro (contacontos para bebés a partir das 12:00 horas): Que animaliño é?, de Trémola Teatro.
• Martes 6 de outubro: Estrafalaria, de Xarope Tulú.
• Venres 16 de outubro: Contacontos, de Migallas Teatro.

Biblioteca municipal de Paiosaco

• Martes 22 de setembro: Maxia de aquí e de acolá, con Dani Méndez.
• Mércores 14 de outubro: Os contos da bruxa Chispún, de Teatro Calavera.
• Venres 23 de outubro: Aprendendo a querer, de Trinketrinke Teatro.

Biblioteca municipal de Caión

• Mércores 30 de setembro: O coelliño branco, de Trinketrinke Teatro.
• Venres 9 de outubro: O xigante, de Elefante Elegante.
• Martes 20 de outubro: Os soños na gaiola, de Títeres Alakrán.

comentarios