Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Laracha únese ao reto da reciclaxe

A Laracha únese ao reto da reciclaxe

Xa o leva facendo en moitos eidos, como sendo un dos Concellos pioneiros na instalación da 5ª fracción no eido urbano, nos programas de compostaxe caseira… E o Concello da Laracha volve apostar pola reciclaxe, sendo un dos 13 concellos galegos (tamén está Santa Comba) que forman parte do proxecto Únete ao reto.

Un proxecto impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes, que terá premio e a veciñanza larachesa consegue aumentar nun 10% a recilaxe nos contedores amarelos. O Concello recibirá 2.000€ para doar a unha causa social local no caso de conseguilo.

Deste xeito, toda a veciñanza ten que poñerse a usar máis que nunca os contedores amarelos, e enchelos dos sobrantes envases de plástico, bricks, latas…

Para facerllo chegar á veciñanza, o domingo día 20 de marzo estarán na feira de Paiosaco. No mes de abril está previsto continuar as accións de difusión coa instalación dun contedor amarelo xigante.

Novas relacionadas

Comentarios