Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Laracha acolle unhas xornadas formativas para familias sobre Atención Temperá

Atencion Tempera Laracha
Laracha acolle unhas xornadas formativas para familias sobre Atención Temperá

O Concello da Laracha, a través do servizo municipal de atención temperá, organiza unha novidosa iniciativa consistente nun programa de xornadas formativas dende a atención temperá dirixido a familias con fillos de entre 0 e 6 anos de idade. 

Nas catro sesións previstas abordaranse cuestións relacionadas co coidado e a educación dos nenos, con estas temáticas:
    •    20 de abril: fisioterapia respiratoria.
    •    27 de abril: manexo de rabietas.
    •    4 de maio: alimentación infantil.
    •    11 de maio: primeiros auxilios pediátricos (impartido por Cruz Vermella).

Todas as charlas impartiranse nunha aula do edificio de servizos múltiples da Laracha a partir das 17:00 horas e cunha duración aproximada de hora e media a excepción da última, que será de dúas horas.

Aquelas persoas que desexen asistir deben anotarse previamente de xeito gratuíto poñéndose en contacto co servizo de atención temperá municipal a través do teléfono 981642663. O horario de atención é de luns a xoves de 8:00 a 18:30 horas e os venres de 9:30 a 13:00 horas.

 

Comentarios