Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Licitada unha nova senda na Laracha, entre Proame e O Cancelo

Nova senda na Laracha 2
Comitiva institucional da Xunta na Laracha co alcalde
Licitada unha nova senda na Laracha, entre Proame e O Cancelo

Nova visita institucional á Laracha para anunciar a licitación doutra senda peonil. Neste caso, será para a construción dunha senda de 2,2km entre Proame e o Cancelo, que permitirá completar a conexión ata o núcleo urbano larachés por sur dende Proame. Unha senda que se suma que une o casco urbano da Laracha co de Paiosaco, sendo un total de 7km de zona peonil e ciclista na AC-552 no termo municipal.

Nova senda na Laracha

A obra

O itinerario executarase en formigón coloreado, cor terriza, para unha maior integración na contorna. Disporase, ademais, unha franxa verde de separación que oscilará entre os 1 e os 2 metros, en función do ancho dispoñible, e elevada sobre a beiravía.
Ademais, coincidindo co cruce sobre o rego de Quenxe, executarase unha pasarela de preto de 16 metros de longo, con varanda metálica nun treito, para continuar o itinerario.
A intervención completarase con muros de cachotería para soster a senda en tres treitos; a disposición de rega para o mantemento da franxa axardinada; e a colocación de prismas de servizos, para a preinstalación de iluminación e telecomunicacións.

Prazos

As empresas interesadas na execución deste novo itinerario teñen de prazo ata o 18 de xullo para presentar ofertas. A partir de aí realizaranse os trámites administrativos necesarios co obxectivo, dixo, de iniciar as obras no outono para telas rematadas no verán de 2023, xa que contan cun prazo de execución de 10 meses.
Esta actuación será financia no marco do programa do Fondo Europeo REACT-EU.

Comentarios