Licitadas as obras da primeira fase da mellora da da rede de abastecemento da Laracha por 1,8 millóns de euros
Comprobamos este verán a cantidade de problemas nas redes de abastecemento das nosas vilas. Tamén acontece na Laracgha, onde a rede de abastecemento presenta importantes déficits derivados, fundamentalmente, da falta de presión de auga nalgunhas zonas e da falta de capacidade de almacenamento para facer fronte ás demandas de auga en época estival.
Para resolver estas carencias, as actuacións, nesta primeira fase, centraranse na ampliación da estación de tratamento de auga potable, na construción dun bombeo e dun novo depósito de auga potable, que mellore o funcionamento da rede de abastecemento deste concello.
Licitación
Quedaron onte licitadas pola Xunta as obras da primeira fase de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha. Unhas obras que conlevan un investimento de máis de 1,8 millóns de euros.
As empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 30 de novembro, e as obras, unha vez adxudicadas, terán un prazo de 8 meses.