Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Melloras na rede de saneamento en Cabovilaño e Xermaña

Melloras na rede de saneamento en Cabovilaño e Xermaña

Están a pleno rendemento as obras do proxecto de ampliación da rede de saneamento e mellora das condicións da estrada en Cabovilaño, na Laracha. Concretamente, as obras, qeu teñen un orzamento de 80.000€, desenvólvense entre os núcleos de A Braña, A Fraga, A Cacharra e A Teixoeira.

Actualmente estase avanzando na intervención consistente na instalación das tubaxes de saneamento para ampliar a cobertura deste servizo. O novo tramo será conectado coa rede xa existente en A Cacharra.

Saneamento en Xermaña

Paralelamente, a Deputación da Coruña financia a través do Plan Único, anuncia a renovación do saneamento no núcleo de Xermaña, na parroquia de Caión, en A Laracha. O ente provincial achega o 100% do orzamento para o proxecto, que alcanza unha contía de 56.610 euros.

As obras atópanse en fase de licitación e poderán presentarse ofertas ata o 31 de marzo. O prazo de execución das mesmas é de 3 meses.

Ademais, o Plan Único da Deputación investirá ademais 176.250 euros en varios proxectos de limpeza, pavimentación e mellora de camiños municipais en diversos puntos do municipio. En concreto renovaranse os camiños en Chamusco, Aren, O Pereiro, As Rivas, Teixoeira, A Lista, Os Abelares, Campo Medado, Ribeiriña, Vilaño Vello, A Cerdeira e no núcleo de Bocixa.

Comentarios