Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Arquivo da Pesca de Caión conta, un ano máis, co apoio municipal

José Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión e José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, rubricando o acordo
O Arquivo da Pesca de Caión conta, un ano máis, co apoio municipal

O Museo Arquivo da Pesca, propiedade da Confraría de Caión, foi creado para poñer en valor o rexistro histórico da Confraría, dignificar o oficio dos pescadores e divulgar a cultura mariñeira. Atópase no baixo do edificio do pósito, en pleno paseo marítimo de Caión, e alberga os fondos do arquivo e unha exposición permanente que percorre a historia e a cultura mariñeira da vila a través da actividade pesqueira. Por medio de documentos, obxectos e paneis explicativos pódese coñecer o pasado de Caión, desde os antigos baleeiros ata a época dourada da pesca no século XX. 

O Museo poderá seguir activo gracias ao convenio, renovado de novo, entre o Concello e a Confraría de Pescadores de Caión, para aportar unha subvención nominativa de 5.000 euros coa finalidade de cooperar no financiamento dos gastos derivados da apertura ao público e o mantemento das instalacións (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.).

Comentarios