Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Unha nova pista polideportiva para o IES Agra Leborís

IES AGra Leboris Laracha
Unha nova pista polideportiva para o IES Agra Leborís

Onte, o Concello de Carballo asinaba coa empresa Construcciones SYR-AMG o contrato para a execución do proxecto de creación dunha nova pista polideportiva descuberta xunto ao IES Agra de Leborís, a carón da xa existente.

Terá unhas dimensións de 42x25 metros máis dous metros de seguridade sobre os que se marcarán lonxitudinalmente unha pista de fútbol sala de medidas regulamentarias e, transversalmente, dúas pistas de baloncesto. Contará con iluminación con báculos e un valado perimetral de malla. As obras comezarán nos próximos días. O proxecto está valorado en 98.000 euros.

Pleno extraordinario

Este xoves 12 de novembro desde as 13:30 horas na Casa da Cultura da Laracha, para tratar o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello da Laracha; o Convenio de Transporte Metropolitano de Galicia; dar conta clasificación do contrato do servizo de axuda no fogar; así como a aprobación inicial expediente de crédito extraordinario-suplemento de crédito 02-2020.

Viveiro

O Concello informa ademais de que continúa aberto o programa de acollemento no viveiro de empresas municipal do polígono industrial. As persoas interesadas deben presentar a súa instancia debidamente cuberta e acompañada da memoria que describa o proxecto para ter a posibilidade de acceder ben a unha das dúas naves ou ben a unha das oito oficinas que se ofertan no modelo coworking. O aluguer das naves terá unha cota mensual de 300 euros e o das oficinas, de 60 euros. En ambos casos incluirán servizo de recepción, telefonista, telefonía fixa, acceso a internet, correo electrónico, limpeza, seguro, alarma de vixilancia e emprego das zonas comúns (sala de reunións e aulas polivalentes). A estadía máxima é de doce meses prorrogables por outros seis máis.

Comentarios