Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Oficina de Atención ao Consumidor da Laracha atendeu máis de 1.500 consultas en 2022

Concello da Laracha
A OMIC da Laracha está a disposición da cidadanía na Casa do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A Oficina de Atención ao Consumidor da Laracha atendeu máis de 1.500 consultas en 2022

Máis de 1.500 persoas contactaron ao longo de 2022 coa oficina municipal de información ao consumidor (OMIC) da Laracha. Ese é o balance que deixa o informe anual deste servizo que se presta no Concello coa finalidade, primeiro, de asesorar sobre os dereitos dos consumidores e, de ser o caso, acompañalos durante todo o proceso da reclamación, desde a preparación da documentación ata o rexistro da mesma.

A maior parte das consultas, máis de 1.200 durante o ano pasado, foron por vía telefónica e realizadas por veciños da Laracha e tamén doutros municipios de Bergantiños e da Costa da Morte. Tamén se prestou atención presencial a outras 300 persoas. 

No rexistro do Concello presentáronse un total de 250 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia para que ese organismo, dependente da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, decidise se se someterían a mediación previa, a arbitraxe de consumo ou serían resoltas mediante outro tipo de vía administrativa. Foron relacionadas, principalmente, coas facturas do subministro eléctrico e de telefonía, talleres de reparación de automóbiles, compras por internet  e paquetes de viaxes.
 

Comentarios