Por outono, volven os contos á Laracha

10:45 07/09/21
Pendentes do ambicioso programa de Rueiros da Vila nas Milagres de Caión, o Concello da Laracha presenta xa o programa de 11 contacontos teatralizados a realizar en diferentes localizacións do termo municipal durante este outono.
Un programa de dinamización da lectura no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta monto para a Rede de Bibliotecas de Galicia.
A relación de datas, espectáculos e lugares de celebración é a seguinte:
Biblioteca municipal da Laracha:
- 14 de setembro ás 18:00 h: “Nova maxia para todxs”, de Pedro Bugarín.
- 3 de outubro ás 12:00 h (contacontos para bebés de 0 a 3 anos): “Os tres porquiños”, de Migallas Teatro.
- 14 de outubro ás 18:00 h: “Contos dos ratos de Lonxedetodo”, de Trinke Trinke Teatro.
Biblioteca municipal de Caión:
- 9 de setembro ás 18:00 h (incruído no programa “Rueiros da Vila”): “Mirando ao ceo”, de Charo Pita.
- 28 de setembro ás 18:00 h: “Museo Científico”, obradoiro impartido por Ciencia en Movemento.
- 7 de outubro ás 18:00 h: “Feiras das linguas”, de Lydia Botana.
Biblioteca municipal de Paiosaco:
- 23 de setembro ás 18:00 h: “Coas mans na masa”, de Caxoto.
- 5 de outubro ás 18:00 h: “Naturizo e o espírito do bosque”, de Sarabela Teatro.
- 22 de outubro ás 18:00 h: “Robótica na biblioteca”, de Átomos.
Museo dos Muíños de Golmar::
- 25 de setembro ás 17:00 h: “O Nubinete contra o cambio climático”, de Carballo con Botas.
- 16 de outubro ás 17:00 h: “Contos do mundo”, de Solidariedaed Internacional de Galicia.