Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Parque Empresarial da Laracha contará cunha ampliación de 332.836 m2

Parque empresarial da Laracha
Vista área do Parque empresarial da Laracha
O Parque Empresarial da Laracha contará cunha ampliación de 332.836 m2

Xa é oficial a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola que se fixo pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia. A resolución inclúe a ampliación do polígono da Laracha.

A superficie do polígono industrial poderase incrementar en 332.836 metros cadrados nunha delimitación anexa á actual zona empresarial polo linde norte, nuns terreos de topografía chan e uso maioritariamente forestal. Isto posibilitará o aproveitamento da estrada norte do propio polígono, que fará de vía de acceso e soporte de infraestruturas de servizo á futura ampliación co
conseguinte aforro nos custos de urbanización.

O Concello aplaude esta resolución do IGVS xa que a actual ocupación do parque empresarial da Laracha, que supera o 82 %, pon de manifesto a necesidade de ampliar a superficie industrial para atender a demanda.

Agora, promotora do polígono industrial da Laracha, Suelo Empresarial del Atlántico S.L. -empresa participada nun 83,44 % polo Goberno de España- está en disposición de levar a cabo o proxecto concreto de ampliación, incluíndo a obtención dos terreos, a urbanización e, por último, a comercialización das parcelas para usos industriais.

Comentarios