Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os peques, os protagonistas do programa de Nadal da Laracha

PROGRAMA NADAL Laracha 2021
Os peques, os protagonistas do programa de Nadal da Laracha

As propostas culturais e de ocio especialmente dirixidas ao público infantil e familiar serán as protagonistas do programa de Nadal do Concello da Laracha. A programación xa comezará a estaa co tradicional festival de teatro infantil que se desenvolve en horario lectivo e que vai dirixido ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. Os días 17, 20 e 21 de decembro todos os nenos de infantil e primaria asistirán á Casa da Cultura da Laracha para presenciar a obra “Os tres porquiños”, de Educa Teatro.

Despois da fin de semana de Nadal principiarán os eventos dirixidos ao público en xeral que se realizarán nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión. En todos os casos o acceso será gratuíto ata completar o aforo máximo e requiríndose o emprego da máscara facial. As propostas son as seguintes:

  • 27 de decembro. Tarde de cine: Donkey Xote. Centro sociocultural de Paiosaco, 17:30 h.
  • 28 de decembro. Teatro infantil: Valente e rebelde, de Trémola Teatro. Casa da Cultura da Laracha, 17:30 h.
  • 29 de decembro. Espectáculo infantil de sombras: Alén, da Asociación Teatral Paso de Valverde. Centro sociocultural de Paiosaco, 17:30 h.
  • 30 de decembro. Xogos populares: Os xogos do Paporrubio. Centro comunitario de Caión, 17:30 h.
  • 3 de xaneiro. Tarde de cine: Dumbo. Casa da Cultura da Laracha, 17:30 h.
  • 4 de xaneiro. Tarde de cine: Nocturna, unha aventura máxica. Centro comunitario de Caión, 17:30 h.
  • 8 de xaneiro. Autocine para adultos: Joker. Praza Olonne sur Mer da Laracha, 21:30 h.

Cabalgata dos Reis Magos

Os días 4 e 5 de xaneiro as súas maxestades os Reis Magos realizarán un percorrido nas súas carrozas polas rúas das trece parroquias do termo municipal. Non haberá festa, iso si, no Pavillón.

Concursos de Nadal

Mentres, seguen en marcha os certames, como o de panxoliñas “María Angeriz Tuset” que este ano, na súa 26ª edición. se celebra nas redes. Ata o 21 de decembro permanecerá aberta a inscrición.

Pola súa parte, os concursos de postais e de contos van dirixidos ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión. En ambos casos a valoración realizarase o xoves 16 de decembro a partir das 11:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Os premios consistirán en xogos e material educativo.

Comentarios