Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden retransmitir os plenos da Laracha

Piden retransmitir os plenos da Laracha

Son varios, poucos a verdade (Ponteceso, Coristanco, Santa Comba…), os Concellos que retransmiten os seus plenos a través do Facebook ou do Youtube. Un servizo moi demandado pola veciñanza, pero que poucos rexedores aceptan ofrecer.

Hoxe é Palomi Rodríguez, candidata socialista, a que “esixe ao alcalde de A Laracha que retransmita os plenos municipais”. A candidata socialista lembra presentou no mes de novembro do ano 2020 unha moción para que se gravasen as sesións plenarias por streaming. “A transmisión das reunións plenarias do Concello de A Laracha deben saír do oscurantismo e falta de transparencia na que o alcalde de A Laracha as ten somerxidas”, apuntou Palomi Rodríguez.

Comentarios