Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Propoñen ampliar o polígono da Laracha, “unha das zonas industriais con maior potencial da provincia”

Propoñen ampliar o polígono da Laracha, “unha das zonas industriais con maior potencial da provincia”

O polígono da Laracha xa conta cun 75% de ocupación, pero tanto o Concello como Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), queren seguir buscando fórmulas para eliminar posibles trabas para a chegada de novas empresas. A semana pasada o pleno aprobaba a chegada de dúas novas naves (Galitrans, de transporte e loxística vinculada a Inditex, e Daniel Rial, de carpintería metálica), pero aínda queda crecemento para conseguir a plena ocupación dun polígono, que con con 825.249 metros cuadrados e neta de 537.925.

De aí que a reunión celebrada onte ente ambas entidades na que se abordou a posible ampliación do polígono, dada a alta demanda para habilitar máis superficie para uso industrial, nunha das “zonas industriais con maior potencial de desenvolvemento da provincia”, segundo o propio SEA.

Comentarios