Propoñen levar a campaña de prevención contra a ludopatía aos coles da Laracha

Son varias as iniciativas que se xuntan estes meses na comarca para previr a ludopatía, sobre todo entre a mocidade. Súmase o PSOE da Laracha, presentando unha moción na que propón ao Concello que axude a difundir a campaña da Deputación nos centros de ensino.
Unha campaña que xa chega aos coles de Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía e Zas, da man de personaxes coñecidas como Touriñán, David Perdomo, Eva Iglesias, Rosa Mera ou Verto.
A moción pide que o concello solicite participar, e tamén insta ao Concello a solicitar que a Xunta poña en marcha dun Observatorio Galego do Xogo, que permita coñecer a situación actual desta lacra na nosa sociedade como ferramenta esencial para poñerlle freo e que sirva tamén para facer un seguimento da aplicación da lexislación en vigor e poder así actualizala e mellorar o seu marco normativo.
Lembran que “a poboación máis nova constitúe un segmento da poboación especialmente vulnerable e por iso merecedor de toda a nosa atención á hora de desenvolver plans de prevención fundamentalmente no que respecta a Adiccións Comportamentais”.
NOVAS RELACIONADAS
- Os coles de Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía e Zas únense á loita contra a ludopatía entre a mocidade.
- Agalure achega a problemática das adicción ao xogo e ás apostas a 6 centros de ensino da comarca.
- Xaneiro 2020: O BNG de Muros rexistra unha moción para regular as licencias municipais das casas de xogo.
- Maio 2019: Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas:
- Xuño 2018: “La vida no es un juego”: Santi Caamaño recoñece a súa ludopatía sen tabúes.