Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O PSOE da Laracha presentou a súa candidatura para ás eleccións municipais

Presentacion PSOE Laracha 2023
O PSOE da Laracha presentou a súa candidatura para ás eleccións municipais

Nun acto celebrado na parroquia de Montemaior, Palomi Rodríguez e ao resto da lista do PSOE da Laracha presentáronse en sociedade. Apoiados por cargos institucionais da comarca como o alcalde de Cerceda Juan Manuel Rodríguez, a candidata do PSdeG-PSOE Arteixo, Patricia Boedo, o candidato de Malpica Walter Pardo, o candidato de Coristanco José Manuel Pérez, o candidato de Cabana Juan
Varela, o coordinador comarcal Sergio García e coa presencia de José Manuel Lage Tuñas, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, presentaron “unha candidatura que conxuga experiencia e mocidade, con mulleres e homes con gañas de traballar pola Laracha”, así definiu a candidata ao seu equipo de traballo coa que concorrerá aos comicios.

O acto comezou coa intervención da candidata, Palomi Rodríguez, eloxiando a capacidade de todas e todos os membros da lista e confiou en que o vindeiro 28 de maio A Laracha contará cunha alcaldesa socialista. “Este equipo de persoas teñen un proxecto que ven a mellorar a calidade de vida da veciñanza, miramos ao futuro e traballaremos para facer da Laracha unha gran vila”.

Máis novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios