Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Raquel Poncini e Pablo Cuadrado impartirán as xornadas de iniciación á micoloxía da Laracha

Cartel As Setas da Laracha
Raquel Poncini e Pablo Cuadrado impartirán as xornadas de iniciación á micoloxía da Laracha

Continúan agromando as xornadas micolóxicas na comarca. Por Laracha celebran a 8ª edición das xornadas “As setas”, pensadas para introducirse no mundo dos cogumelos. Os expertos na materia Raquel Poncini e Pablo Cuadrado serán os encargados de ilustrar aos aprendices.

A xornada arrincará 10:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 13:00 horas regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes, finalizando cunha charla micolóxica.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha ábrese hoxe venres no formulario que está dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais, ou tamén acudindo ao Concello.

Comentarios