Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Reis pasarán por todas as parroquias da Laracha

cabalgata laracha 2023
Os Reis pasarán por todas as parroquias da Laracha

Os Reis Magos volverán percorrer as trece parroquias do Concello na cabalgata de dous días que se vai realizar este mércores 4 e o xoves 5.
Ademais, o xoves tamén haberá unha festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís a partir das 17:00 horas, onde os nenos poderán agardar polas Súas Maxestades desfrutando de diferentes xogos e inchables.

O percorrido previsto da cabalgata é o seguinte:

Mércores 4 de xaneiro
MAÑÁ
    •    11:00 h: Saída. Paso por Avenida López Astray, Gabenlle, Requesende, A Ferrulleira, Os Muíños de Abaixo, Merelle e O Cruceiro de Coiro.
    •    11:30 h: Parada xunto á igrexa de Coiro. Paso por Novás.
    •    12:00 h: Parada no Igrexario de Soutullo. Paso por A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras e Golmar do Medio.
    •    12:30 h: Parada no campo de Lamas. Paso polo Igrexario de Golmar, A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé e Propeste.
    •    13:30 h: Fin do percorrido en Santa Margarida de Montemaior.

TARDE
    •    15:30 h: Saída de Santa Margarida. Paso por As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns e O Raño.
    •    16:00 h: Parada no Igrexario de Montemaior. Paso por A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante, A Fraga e Villamir.
    •    17:00 h: Parada no mosteiro de Soandres. Paso por Boimir, O Campo Medado, Santa Baia, Curros, A Millarada, Vista Alegre, Condesuso, Vilarmaior e A Fontenla.
    •    18:00 h: Parada no Igrexario de Erboedo. Paso por O Toural, Penso, O Rapadoiro, O Loureiro, A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle e As Torres de Cillobre.
    •    18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
    •    19:30 h: Fin do traxecto na Praza do Concello.

Mércores 5 de xaneiro
MAÑÁ
    •    11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.
    •    11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.
    •    12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.
    •    13:30 h: Fin do percorrido no Igrexario de Vilaño.

TARDE
    •    15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.
    •    15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.
    •    17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.
    •    18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.
    •    18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
    •    19:30 h: Fin do percorrido no pavillón do IES Agra de Leborís.
 

Máis novas de Nadal

Comentarios