Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Rueiros da Vila, catro días de propostas culturais para Caión

Rueiros da vila Laracha 1
Rueiros da Vila, catro días de propostas culturais para Caión

Mar, música, gastronomía, surf, tradición e historia. Eses son os seis elementos que Rueiros da Vila escolle para definir a vila de Caión e tamén para facer de fío condutor da ampla oferta cultural e de ocio para todos os públicos que se poderá desfrutar nesa localidade do xoves 22 ao domingo 25 de agosto.

A oficina de información turística acolleu hoxe o acto de presentación da cuarta edición dos Rueiros da Vila, un programa que, como apuntou o alcalde, “está consolidado en Caión e con boas críticas en anos anteriores” o que anima a seguir organizándoo e aumentar a oferta de eventos, concertos, obradoiros e espectáculos. José Manuel López Varela considera que Caión “é o noso buque insignia a nivel turístico” e anima a todos os públicos a “vir a Caión” para desfrutar dunha “completa programación” nunhas datas que son o “preámbulo ás festas principais dos Milagres”.

Mahoney, en representación de Sincro, a productora que xestiona o programa, considera que “esta cuarta edición vai ser a que consolide o evento como proposta cultural destacada na Costa da Morte”. Valorou o “ambiente familiar” dos Rueiros da Vila e a “pluralidade” dunha “programación do máis nutrida”.

4 escenarios

Do mesmo xeito que en anos anteriores, haberá catro escenarios ao longo da vila nos que se realizarán os concertos, espectáculos de rúa e obradoiros: Escenario Patio (finca entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo), Escenario Cárcere Vello (paseo marítimo), Escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia) e Escenario Rueiro das Figueiras (praza Virxe dos Milagres).

Ademais dos concertos musicais, os Rueiros Pequeniños ofrecerán actividades específicas para o público infantil, cun espectáculo de clown e obradoiros de expresión artística e beatbox.

A programación completarase cos Roteiros da Vila, consistentes nunha visita guiada polos puntos máis destacados de Caión. A participación en todas as actividades é gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.

Rueiros da vila Laracha 2

Programación Rueiros da Vila 2024

Concertos e espectáculos musicais

Xoves 22

  • 18:00 h, Escenario Salseiras. Jëan Fixx (djset).
  • 20:30 h, Escenario Cárcere Vello. Tu Futura Ex Mujer.
  • 22:30 h, Escenario Patio. Caamaño & Ameixeiras.

 

Venres 23

  • 18:00 h, Escenario Salseiras. Maefield (live).
  • 19:30 h, Escenario Cárcere Vello. Xenderal.
  • 20:30 h, Escenario Rueiro da Figueiras. Planeta Sauvage.
  • 22:30 h, Escenario Patio. Revenidos.

 

Sábado 24

  • 14:00 h, Escenario Patio. “Cantos e contos dende a taberna”, a cargo da Asociación Cultural Arume de Caión.
  • 18:00 h, Escenario Salseiras. Elrilo (djset).
  • 20:30 h, Escenario Cárcere Vello. Misuria.
  • 22:00 h, Escenario Patio. Carabela.

 

Domingo 25

  • 14:00 h, Escenario Cárcere Vello. Smile.

 

Rueiros Pequeniños

  • Xoves 22: Taller de expresión artística “Pintando rueiros”.
  • Venres 23: Taller de beatbox con Xenderal.
  • Domingo 25: Espectáculo de rúa co clown Arturo Cobas.

 

Roteiros da Vila

  • Xoves 22: Percorrido guiado por Caión a partir das 12:00 h.
 

Comentarios