Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha semana de parón para a posta a punto do Punto Limpo da Laracha

Quedou aprobada a acta de expropiación das fincas da Carballeira de San Fiz
Punto Limpo Formigueiro Laracha
Unha semana de parón para a posta a punto do Punto Limpo da Laracha

Nos próximos días será efectivo o cambio de concesionaria da xestión do punto limpo da Laracha e os seus servizos complementarios. A nova empresa -Cogami, a través do seu centro de emprego Coregal especializado na xestión medioambiental integral- realizará previamente os labores oportunos de posta a punto das instalacións e dos seus equipamentos.

Por ese motivo o punto limpo permanecerá pechado durante a próxima semana, na que tampouco funcionará o servizo gratuíto de recollida a domicilio de voluminosos.

Unha vez restablecido o servizo xa coa nova xestión, os horarios de apertura do punto limpo serán os mesmos cos que viña funcionando nos últimos anos:

• Luns de 15:00 a 20:00 h.
• Mércores e venres de 16:00 a 20:00 h.
• Sábados de 9:00 a 14:00 h. 

Carballeira de San Fiz

Onte quedou asinada a aprobación do proxecto de expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins, na parroquia de Montemaior, tralo paso do mes de exposición pública sen que se presentaran alegacións.
Unha vez completado o procedemento de compra dos terreos, o Concello ten proxectadas unha serie de actuacións dirixidas a poñelos en valor econatural e evitar o deterioro da carballeira de San Fins, un ámbito de especial riqueza ao albergar árbores autóctonas –principalmente, carballos e castiñeiros-, nalgúns casos centenarias.

Habilitarase un "espazo que presente oportunidades didácticas e de investigación sobre ditas especies autóctonas," e "unha nova área de ocio e esparexemento".
 

Comentarios