mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Sendeiros Azuis da comarca xa teñen as súas Bandeiras

Alcalde de Malpica sendeiro azul 2025
O Alcalde de Malpica, Eduardo Parga, recollendo a bandeira
Os Sendeiros Azuis da comarca xa teñen as súas Bandeiras

Xa temos 5 sendeiros azuis na Costa da Morte dende este 2025. A Senda del Mar de Santo Hadrián, en Malpica a A senda dos Petroglifos, en Muros, uníronse este ano aos xa veteranos Sendeiro de Saldoiro de Caión (A Laracha), a Ruta Litoral de Camariñas e a Senda do Mar Razo-Baldaio (Carballo).

Esta semana ADEAC facía entrega en Murcia das bandeiras "Sendeiro Azul" e ata alí se desprazaron, en representación do Concello da Laracha, os edís José Ramón Martínez e Pablo Cambón. Os laracheses lembraron que levan 12 anos renovando o distintivo que refrenda o tesouro que hai no tramo entre a praza Eduardo Vila Fano e o arroio Figueirido.

2025.03.26.- Entrega Bandeira Sendeiro Azul Laracha
O edil larachés recollendo a Bandeira de Sendeiro Azul polo Sendeiro do Saldoiro

En toda España foron concedidos 154 Sendeiros Azuis, dos cales 54 son itinerarios galegos pertencentes a 28 concellos diferentes, 10 deles na provincia da Coruña.

Máis novas

Comentarios