xoves. 24.04.2025
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá da Laracha lanza xornadas formativas para familias

atencion tempera laracha
O Servizo de Atención Temperá da Laracha lanza xornadas formativas para familias

O Concello da Laracha porá en marcha ao longo do mes de maio a segunda edición das Xornadas dende o servizo de atención temperá dirixidas a familias con fillos de entre 0 e 6 anos de idade. 

Nas catro sesións previstas abordaranse cuestións relacionadas co coidado e a educación dos nenos, con estas datas e temáticas:

  • 8 de maio (16:30 a 18:30 h): Primeiros auxilios pediátricos, impartida pola Cruz Vermella.
  • 15 de maio (17:00 a 18:30 h): Manexo de rabietas, a cargo de María Cal, psicóloga de atención temperá.
  • 22 de maio (17:00 a 18:30 h): Desenvolvemento infantil e signos de alarma, con Lorena Vilouta e Tamara Carro, logopeda e terapeuta ocupacional de atención temperá.
  • 29 de maio (17:00 a 18:30 h): Xogo na infancia, impartida por Javier González, fisioterapeuta de atención temperá.

Aquelas persoas que desexen asistir deben anotarse previamente de xeito gratuíto cubrindo o formulario en liña que está dispoñible nas redes sociais e web municipais, ou ben poñéndose en contacto cos responsables do servizo de atención temperá a través do teléfono 981642663 ou presencialmente nas instalacións do Edificio de Servizos Múltiples da Laracha (Avenida Doutor López Astray, 20), precisamente o lugar no que se van impartir as xornadas. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

Comentarios