A Taberna de San Cristovo e Cafetería Suiza, as mellores tapas da Laracha
Tras 4 semanas de novembro a base de tapas, o Concello da Laracha facía entrega onte dos premios do certame gastronómico “Destapa A Laracha”. Os grandes protagonistas foron os 14 hostaleir@s participantes, que puxeron a súa creatividade ao servizo desta iniciativa de impulso da hostalería local.
Finalmente, os ganadores foron A Taberna de San Cristovo e Cafetería Suiza, que foron os mellor valorados polos xurados popular e profesional, e que levan un premio de 1.000 euros. A Taberna propuxo un “Solombo en redución de salsa de cogomelos con cebola caramelizada e pataca” que foi o que máis gustou á veciñanza. A Cafetería Suiza convenceu ao blogueiro José Antonio Domínguez Loureiro e as formadoras da rama de hostalería e restauración Isabel Calvo e Sonia Fraga, cos seus “Troncos de outono de pataca con lacón en dúas salsas”.
Foron un total de 271 votos válidos emitidos durante o evento, e aquelas persoas que o fixeron entraron no sorteo dos regalos que foron achegados tanto polo Concello (vales de compra de 30 euros para mercar no comercio local), como por locais participantes e as empresas patrocinadoras, que son as seguintes: Bodegas Carballo, Cafetería Suiza Panadería Suso, Productos Cárnicos Domínguez, Academia Cartafol, Massol Bronceado y Estética, Electro AV, Esymar Artes Gráficas, Troulakids, Café Bar Buenos Aires, Café Bar o Encontro, Estación de Servicio Vidueiros, Clínica Diego Pérez, Fogón da Pía, Laboratorio Ecoturístico A Castrexa, Bodegas Petrón, Bar Lestón, Clickfer Carballido, Avelaíña, Peluquería Jesús Vázquez, Tulipano, M. Ramos Interiores, Taberna de San Cristovo, A Xamonería de Carballo, Licores Bello Blanco e Bodegas Petrón de Doade.
En total foron 58 os agasallos sorteados. Aquelas persoas premiadas teñen sete días naturais de prazo para reclamar o seu agasallo contactando co Concello. En caso contrario, serán outorgados ás persoas que están na lista de reserva.