Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A terceira edición de Rueiros da Vila volverá encher Caión de Cultura

A oficina de información turística da localidade costeira acolleu a presentación do evento da man de Mahoney en representación de Sincro, a productora que xestiona o programa, o alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Cultura, Patricia Bello.
A terceira edición de Rueiros da Vila volverá encher Caión de Cultura

Caión volverá converterse nun festival musical e cultural coa celebración da terceira edición Rueiros da Vila durante as fins de semana da segunda quincena de agosto (días 18, 19, 20, 25, 26 e 27).  “Un programa especial, distinto, para que poidan desfrutar veciños e turistas e que sexa o anticipo das festas principais, que son as dos Milagres", destacaba o alcalde na presentación.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, a música será a gran protagonista e encherá todos os recunchos de Caión durante esas xornadas ao estar habilitados catro escenarios diferentes para aproveitar todo o potencial que ofrece a localidade:

  • Escenario Patio: finca situada entre a igrexa parroquial e o paseomarítimo.
  • Escenario Cárcere Vello: paseo marítimo.
  • Escenario Rueiro das Figueiras: praza Virxe dos Milagres.
  • Escenario Salseiras: zona verde xunto ao acceso principal á praia.

Tamén haberá actividades culturais, lúdicas e recreativas dirixidas a todos os públicos. Por exemplo, o Roteiro da Vila, que consistirá nun percorrido polos lugares máis importantes da localidade guiado polo historiador Marcos Amado e coa colaboración da Confraría de Pescadores de Caión. Os Rueiros Pequeniños inclúen dous espectáculos para o público infantil e familiar.

Rueiros da Vila Caion 2023


Programación Rueiros da Vila 2023

Venres 18

  • 19:00 h, Escenario Cárcere Vello. Dr Think. Sesión na que se dan a man o nudisco, o deep house e o groove. 
  • 21:30 h, Escenario Patio. Terrae DJ’s. Proxecto musical e show audiovisual enfocado a unha simbiose a todos os efectos entre natureza e humanos a través do baile.

Sábado 19

  • 19:00 h, Escenario Cárcere Vello. Coto. Sesión de estilo predominante techno-house, con pinceladas de minimal e deep house.
  • 21:30 h, Escenario Patio. Nano MZ. Un dos artistas de maior crecemento da nova ola da música española que acumula máis de sete millóns de strems en plataformas.
  • 22:30 h, Escenario Cárcere Vello. Alex Kleve. Relacionado coa música electrónica desde mediados dos ‘90, nas súas sesións mezcla múltiples estilos, principalmente o techno e o house.

Domingo 20

  • 19:30 h, Escenario Cárcere Vello. O Mago Paco. Especialista en maxia infantil, caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi rechamantes que provocan unha dinámica constante sobre o escenario
  • 19:30 h, Escenario Rueiro das Figueiras. Dúo Camándula. A través dun repertorio ecléctico, este dúo arteixán busca a complicidade do público transmitindo a emoción da música que sae do violín e do acordeón.
  • 21:30 h, Escenario Patio. Cantometrics. Banda formada por catro galegas de ampla traxectoria en diferentes estilos que abranguen dende a música clásica e académica ata a tradicional, pasando polo pop, o folk ou a música electrónica

Venres 25

  • 12:30 h. Roteiros da Vila. Saída desde a praza Eduardo Vila Fano e remate no Arquivo da Pesca. 
  • 20:00 h, Escenario Cárcere Vello. Amoebo. Unha reconstrucción da verbena galega. Proposta de música urbana que se alimenta de ritmos latinos e do idol pop dos '80.
  • 21:30 h, Escenario Patio. Jinetes del Trópico. Cumbia, ritmos tropicais, reggaeton á galega e moito máis.

Sábado 26

  • 20:00 h, Escenario Cárcere Vello. Catuxa Salom. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces: un convite a conectar co noso pasado. A artista galega de raíces nativo-arxentinas, finalista dos Premios Martin Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe neste ano 2023, consolidouse como unha das novas referencias do panorama electrofolk en Galicia.
  • 21:00 h, Escenario Patio. Daniela Montes. A xoven larachesa, de 14 anos de idade, foi unha das participantes na última edición do talent show La Voz Kids.
  • 21:30 h, Escenario Patio. A Sombra dos Soños. A banda móvese entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen dende o rock setenteiro ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos.

Domingo 27: Rueiros Pequeniños

  • 13:30 h, Escenario Salseiras. Circanelo. Espectáculo de teatro xestual, danza e acrobacia.
  • 19:00 h, Escenario Salseiras. Píscore. Comedia musical e xestual.

Comentarios