Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Unidade Móbil da ITV de ciclomotores chegará á Laracha o 10 de febreiro

O Concello está estes días botando xeo nas estradas para evitar a formación de placas de xeo
ITV Motos Laracha
A Unidade Móbil da ITV de ciclomotores chegará á Laracha o 10 de febreiro

A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores visitará A Laracha o xoves 10 de febreiro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello.

Nesa data situarase na praza Olonne sur Mer (explanada fronte a biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís) en horario de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.

As persoas interesadas poden reservar cita previa na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

Xeo nas estradas

Coa friaxe matutina destes días, con temperaturas por debaixo dos 0º nas zonas do interior, o Concello da Laracha está procedendo a estender sar na rede viaria para evitar a formación de placas de xeo.
Os traballos estanse a levar a cabo de maneira simultánea e complementaria polas propias cuadrillas de servizos municipais e por unha empresa especializada no emprego de maquinaria para estender o sal que foi contratada para tal fin polo Concello.

Comentarios