A unidade móbil da ITV de ciclomotores estará na Laracha en febreiro

08:38 29/01/20
A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores visitará A Laracha o 17 de febreiro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello.
Nesa data situarase na praza Olonne sur Mer (aparcamento fronte a biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís) en horario de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.
As persoas interesadas poden reservar cita previamente na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.