Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Unha veciña da Laracha sorprendida conducindo pola A-6 en sentido contrario e superando a taxa de alcohol permitida

Control de Trafico da Garda Civil
Unha veciña da Laracha sorprendida conducindo pola A-6 en sentido contrario e superando a taxa de alcohol permitida

Fai un chamamento á prudencia o Subsector de Tráfico da Coruña tralo repunte de positivos en alcoholemia nas últimas datas. Faino despois do estrano suceso acontecido esta semana na Laracha.

Tratouse dunha muller, veciña da Laracha, que está sendo investigada por presunta autora de dous delitos contra a seguridade vial, unha vez que estivo conducindo pola A-6 en sentido contrario (condución temeraria), superando ademais a taxa de alcohol permitida.

A Garda Civil recibía o aviso do 112 tras varias chamadas de condutores, de que un vehículo estaba circulando en sentido Arteixo polos carrís reservados para a circulación sentido Madrid na autovía A-6, entre as localidades de Sigrás e Ledoño. Os membros da Central Operativa de Tráfico (COTA) activaron o protocolo e conseguían establecer conexión coa propietaria do vehículo.

Esta comunicoulles que se desorientara e se atopaba estacionada na mediana da mencionada autovía. Os operadores dixéronlle que permanecese parada, que estaban chegando un par de patrullas, pero a condutora desoiu ás indicacións e retomou a marcha abandonando a autovía por unha saída en dirección prohibida.

Comezaba unha nova persecución, e a garda Civil conseguía interceptar o vehículo na localidade de Paiosaco, A Laracha. Foi aí cando lle fixeron as probas de detección de alcohol, dando 0,62 mg/l na primeira e de 0,64 mg/l na segunda, máis do doble do permitido.

comentarios