Vintecinco nenos participaron no obradoiro infantil de entroido da Laracha
Na mañá de onte, luns 24, desenvolveuse o obradoiro infantil de Entroido que organizou o Concello da Laracha para ofrecerlle unha alternativa de ocio aos nenos e facilitar a conciliación laboral e familiar dos seus pais nesta xornada festiva nos centros de ensino.
Desde as 11:00 e ata as 13:00 horas vinte e cinco rapaces, baixo a dirección de tres monitores especializados, realizaron as súas propias caretas, pintaron as caras e realizaron xogos de animación no baixo da biblioteca municipal da Laracha.
A inscrición foi gratuíta para os participantes.
Concurso de disfraces
O punto e final á programación municipal de Entroido porase hoxe mesmo, festivo local na Laracha, co concurso de disfraces. O certame será a partir das 18:30 horas, no descanso da actuación da Orquestra Trébol que amenizará a verbena desde as 17:00 horas na Praza do Concello.
Repartiranse máis de tres mil euros en premios entre todas as categorías (individual, parellas, grupos e comparsas). A última oportunidade para inscribirse será mañá en horario de 16:00 a 17:00 horas na Casa do Concello.