Visita guiada ao Castro de Montes Claros
08:14 23/01/23
O Castro de Montes Claros é un dos elementos arqueolóxicos de maior importancia da Laracha. O Concello, despois de
adquirir os terreos nos que se sitúa o xacemento, vén desenvolvendo nos últimos anos intervencións dirixidas á súa posta en valor, incluído a primeira fase da escavación arqueolóxica deste antigo poboado fortificado da Idade de
Ferro situado na parroquia de Vilaño.
Precisamente co propósito de que a veciñanza larachesa poida coñecer o castro de Montes Claros e as intervencións realizadas durante os últimos anos, o Concello organizará unha visita guiada pola arqueóloga Puri Soto que terá lugar o domingo día 5 de febreiro a partir das 12:00 horas.
A inscrición para anotarse nesta xornada é gratuíta e abriranse hoxe luns. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.